15.06.10
Sesión matinal de cine para 1º de E.S.O.
Temos un diñeiro que os vosos fillos conseguiron coa venda de pasteis na Semana Cultural e chegou o momento de gastalo.
Organizamos para mañá, mércores 16 de xuño, unha sesión matinal nos cines YELMO CINEPLEX para ver a película “Robin Hood”.
Os cartos que xuntaron chegan para pagar o transporte e a película, así que non tedes que pagar nada.
Grazas a todos pola vosa colaboración xa que se non fora por vos, non sería posible esta “empresa”, e aos vosos fillos polo entusiasmo e a ilusión que puxeron nela.