14.06.10
Un ano máis chega o remate do curso e o momento de indicarvos o calendario dos últimos días de Escola.
Remate do cruso 20092010.pdf
10.06.10
Seguindo o disposto pola Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria, na Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisicion de libros de texto, indicámosvos o proceso que deben seguir as familias do alumnado que vaia estar matriculado en 1º, 2º, 5º e 6º de Ed. Primaria durante o curso 2010/2011 e non vaia repetir curso nese ano académico.
Axudas libros 20102011.pdf
Anexo I axudas libros.pdf
27.05.10
Estamos cos preparativos para a distribución por grupos dos alumnos que durante o próximo Curso 2010-2011 farán 4º E.S.O., que se realizará en base á elección de cada alumno e tendo en conta as optativas que máis se adaptan ás súas aptitudes.
Para falar sobre este tema, faremos unha reunión o luns día 31 de maio ás 19:30 horas. É importante que non faltedes.
24.05.10
O venres 4 e sábado 5 de xuño, a partires das 19 horas, celebraremos no Teatro Salesianos o Festival de Fin de Curso do Colexio. Os rapaces participantes debera´n estar vestidos no Teatro media hora antes.
Festival Escola 2010.pdf
20.05.10
Aqui tedes a vosa disposición as circulares coas instruccións para o Festival que celebraremos os días 4 e 5 de xuño no Teatro Salesianos.
3 anos Ana.pdf
3 anos Xela.pdf
4 anos Charli.pdf
4 anos Pili.pdf
5 anos Maria.pdf
5 anos Monse.pdf
12.05.10
Este Venres, 14 de maio, celebramos na Escola o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Uxio Novoneyra. Como é costume, ese día non haberá comedor nin actividdes extraescolares.
O horario lectivo será o mesmo de todos os días. A media mañá iremos cos alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de Secundaria ao monumento a Martín Códax sito no Monte do Castro para facer a homenaxe e a ofrenda floral ao nos poeta.
Lembrade que, tal como figura no calendario que entregamos a principio de curso, o martes día 18 será día non lectivo, asi que o Colexio estará pechado.
23.03.10
Estamos a piques de rematar o segundo trimestre de curso e, polo tanto, de comezar as vacacións de Semana Santa. Lembrámosvos o calendario de actividades para estes días:
Vacacións Semana Santa 2010.pdf