15.06.10
O vindeiro xoves día 17, iremos de excursión ao Monte dos Pozos con todos os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.
A saída farémola dentro do horario escolar e a volta será á hora de sempre.
Teñen que traer: – Un euro – Un bocadillo – Unha bebida (nin vidro nin latas) – Algúnha galdrumada
27.05.10
Temos proxectada para mañá venres, unha divertida saída cos nenos e nenas de 3 e 4 anos ao parque de Salvaterra. Os obxectivos a traballar son:
- Estudo dos cambios estacionais – Ponteciar o respecto e coidado do entorno natural
-Observar a actitude dos nenos e nenas fora da Escola.
-Observar os animais.
Deberán traer un bocata, unha peza de froita, unha bebida (nen vidros nen latas) e algunha galdrumada.
20.05.10
Profundizando na temática do mar, mañá venres temos pensado levar aos grupos de 4 anos á exposición “Piratas, Ladrones del mar”, ofrecida pola Fundación Puerto de Vigo.
6.05.10
Mañá venres día 7 faremos unha saída cos nenos e nenas de cinco anos a Escola de Hípica “La Muralla” en Castrelos, Vigo, onde a visita será guiada polos propios monitores da Escola. Sería conveniente para a comodidade de todos, que viñeran, a ser posible, con roupa axeitada para devandita excursión.
4.05.10
Este xoves, día 6, iremos de visita cos alumnos e alumnas de 4 anos ao Acuarium de O Grove.
A saída será arredor das 9,30 e regresarán antes das 14:30, polo que voltarán a casa coma tódolos días. Deberán levar bocata e algo para beber (nin vidros nin latas)
14.04.10
Este ano temos reservada para o venres 23 de abril unha fermosa saída para os alumnos e alumnas de Educación Infantil (5 anos) na que pasaremos toda a xornada na Granxa Escola O Kiriko, en Fornelos de Montes.
Sairemos desde o Colexio nada mais chegar pola mañá e a volta será, tamén no Colexio, ás 18:00 horas. Por favor, non estacionedes diante da Escola de Infantil, pois necesitamos sitio para o autobús e recollede aos nenos e nenas dentro do recinto da escola. Non esquezadas avisar ás mestras cando marchedes con eles.
8.04.10
O próximo luns, 12 de abril, iremos cos allumnos e alumnas de Educación Infantil ao Teatro Salesianos a ver a obra “Caperucita Roja”, nunha montaxe especialmente preparada para rapaces da súa idade.
11.03.10
Mañá venres, día 12 de marzo, faremos unha saída cos nenos e nenas de tres e catro anos a tomar o chocolate con churros.
Con ela pretendemos profundizar na adquisición de hábitos de autonomía, fomentar o sentido da responsabilidade e o coidado dun mesmo fóra do ámbito da Escola.
Sería conveniente para a comodidade de todos que viñeran, a ser posible, en chandal.
A volta será a hora de sempre.
19.02.10
Estimados pais e nais:
Precisamos da vosa colaboración para realizar unha actividade de clase cos alumnos e alumnas de 5 ANOS.
Os vosos fillos teñen que traer un sobre tamaño normal cun selo no que aparezcan os vosos nomes e a vosa dirección.
A finalidade é que os nenos vos escriban unha carta que será enviada dende a Escola.
En canto a recibades, contestarlles enviando unha carta cun pequeno texto ao nome do voso fillo/a ao seguinte enderezo.
COLEXIO MARTIN CODAX
(nome do voso fillo/a)- clase 5 anos
AVDA AEROPORTO, 734
36318 VIGO- PONTEVEDRA
Graciñas
Monse e Carolina
8.02.10
Nesta semana, o xoves 11 e o venres 12, celebraremos na Escola o Entroido.
Xoves 11: O horario será o de sempre e haberá actividades extraescolares. Faremos o desfile de comparsas cos disfraces elaborados na aula que como ben sabedes, este ano están adicados ao mundo do circo.
Venres 12: o Colexio empezará ás 11, polo que os autobuses subirán á escola dúas horas máis tarde do habitual e baixarán á hora de sempre. Pola tarde non haberá actividades extraescolares e polo tanto tampouco haberá comedor. A festa será cos disfraces que os nenos e nenas queran traer. Deberán vir vestidos desde casa e, por favor, procurade que os disfraces teñan o menor número posible de complementos para evitar perdas e os conseguintes disgustos. Tamén é importante que eles poidan ter autonomía para ir ao baño. Este día haberá lambetadas para que os nenos poidan mercar (1 € por neno será suficiente) e a recadación irá destinada a axudar á Viaxe de Fin de Curso dos rapaces e rapazas de 4º da E.S.O.
O regreso ás clases será o xoves 18 no horario de sempre.
3 anos:
Para completar o disfraz de pallaso que estamos a elaborar, precisamos que o xoves día 11, os nenos traian unha perruca de pallaso. Tamén os pediríamos que as nenas veñan con saia e un panti ou leotardos dunha cor alegre.
Os rapaces poden traer chandal o pantalóns. Se queredes tamén poden levar zapatos con cordóns un de cada cor
5 anos
Para completar o disfraces que estamos a elaborar, precisamos que os domadores veñan con pantalón vaqueiro e os elefantes cun chandal, pantalón o leggins gris si xa o tedes na casa senon, un vaqueiro tamén.
4 anos
Para completar o disfraz de malabarista precisamos que os nenos veñan cun pantalón de chandal e as nenas con pantis xa postos.