22.06.10

Calendario de exames do mes de setembro 2010

Exames Setembro 2010.pdf

15.06.10

Sesión matinal de cine para 1º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Temos un diñeiro que os vosos fillos conseguiron coa venda de pasteis na Semana Cultural e chegou o momento de gastalo.
Organizamos para mañá, mércores 16 de xuño, unha sesión matinal nos cines YELMO CINEPLEX para ver a película “Robin Hood”.
Os cartos que xuntaron chegan para pagar o transporte e a película, así que non tedes que pagar nada.
Grazas a todos pola vosa colaboración xa que se non fora por vos, non sería posible esta “empresa”, e aos vosos fillos polo entusiasmo e a ilusión que puxeron nela.

14.06.10

Piragüismo con 1º de E.S.O. 2010

Arquivado en Ed-Secundaria |

O vineiro xoves 17 de xuño temos preparada unha xornada de piragüismo cos rapaces e rapazas de 1º de E.S.O.
piragüismo 1º ESO 2010.pdf

11.06.10

Piragüismo con 2º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Os profesores de Educación Física están preparando para os alumnos de 2º de E.S.O. unha xornada de piragüismo en Tui, organizada por xente con moita experiencia neste tipo de actividades. A data escolida é o MARTES 15 DE XUÑO. Sairemos dende o Colexio, nada mais chegar pola mañá, e voltaremos ás 17 hores tamén ó Colexio.
Os rapaces deberán levar a comida e bebida do mediodía, toalla, dous bañadores, dúas camisetas e, os que teñan, unhas chanclas.

2.06.10

Viaxe Fin de Curso de 4º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Viaxe Fin de Curso 4º ESO 2010.pdf

1.06.10

Viaxe do Románico cos alumnos e alumnas de 2º de E.S.O

Arquivado en Ed-Secundaria |

Dentro das actividades complementarias contempladas no Proxecto Curricular do 2º E.S.O o departamento de Xeografía e Historia programou unha viaxe de traballo para os vindeiros días 16,17 e 18 de xuño .
Viaxe Románico 2º E.S.O 2010.pdf

13.05.10

Viaxe cultural a Madrid con 3º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Dentro das actividades programadas durante o presente curso escolar para 3º curso de Educacion Secundaria., temos prevista unha viaxe cultural a Madrid os días 15,16 e 17 de xuño.
Viaxe a Madrid.pdf

23.03.10

Información para viaxe a Dublin para alumnos de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Adxuntamos información sobre a viaxe a Dublin que todos os anos realiza Julie no verán.
Viaxe a Dublin 2010.pdf

1.02.10

Viaxe a Londres dos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Xa temos confirmación dos horarios para a saída a Londres que temos programada para os días 8,9,10 e 11 de febreiro cos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O.

Viaxe a Londres2010.pdf

25.01.10

Visita a Biblioteca Municipal Central de 1º C de E.S.O

Arquivado en Ed-Secundaria |

Mañá martes, os alumnos e alumnas de 1º C de ESO visitarán a Biblioteca Municipal Central, situada no Casco Vello, onde coñecerán diversos aspectos do seu funcionamento.

Anteriores |

Feito con Textpattern | Plantilla: Tranquility White convertida a TXP por Textpattern Templates