19 February 2010, 12:08

Actividade para os rapaces e rapazas de 5 anos

Arquivado en Ed-Infantil |

Estimados pais e nais: Precisamos da vosa colaboración para realizar unha actividade de clase cos alumnos e alumnas de 5 ANOS.
Os vosos fillos teñen que traer un sobre tamaño normal cun selo no que aparezcan os vosos nomes e a vosa dirección.
A finalidade é que os nenos vos escriban unha carta que será enviada dende a Escola.
En canto a recibades, contestarlles enviando unha carta cun pequeno texto ao nome do voso fillo/a ao seguinte enderezo.

COLEXIO MARTIN CODAX
(nome do voso fillo/a)- clase 5 anos
AVDA AEROPORTO, 734
36318 VIGO- PONTEVEDRA

Graciñas Monse e Carolina

27 October 2009, 17:42

Suscripción aos cadernos da Editorial Bayard para 5º e 6º de Ed. Primaria e 3º e 4º de E.S.O.

Arquivado en Colexio |

Durante este curso, tal como xa vos indicamos no listado de libros de texto do presente curso, formalizaremos para 5º e 6º de Ed. Primaria, 3º e 4º de E.S.O. unha suscripción aos cadernos da Editorial Bayard titulados “I love english“0 (E.S.O) e I love english junior (Ed. Primaria), pola que cada alumno e alumna recibirá dez números da publicación. Este material é un complemento para empregar na aula de Inglés e tamén na casa con un formato moi atractivo polos temas de actualidade que trata.

16 October 2009, 14:11

Traballo para rapaces e rapazas de 5 anos-Festa Medieval-

Arquivado en Ed-Infantil |

Na próxima semana temos previsto facer unha Festa Medieval para rematar o proxecto dos Castelos. Precisamos que os rapaces e rapazas traian algún complemento da época (espada, escudo, sombreiro, falda…) Non mandedes disfraces completos.

Grazas pola vosa colaboración

22 September 2009, 17:27

Horarios de rapaces e rapazas de 4 anos 2009-2010

Arquivado en Ed-Infantil |

Horarios 4 anos 0910.pdf

22 September 2009, 17:07

Horarios de rapaces e rapazas de 3 anos 2009-2010

Arquivado en Ed-Infantil |

Horarios 3 anos 0910.pdf

15 September 2009, 11:57

Clases de Natación para o curso 2009-2010

Natación 20092010.pdf

11 September 2009, 14:24

Actividades Extraescolares curso 2009/2010

Circular Actividades Extraescolares.pdf
Folleto de Actividades 2009-2010.pdf

2 June 2009, 12:36

Solicitude de fotos do Festival do Colexio feitas por Carina Pozo

Arquivado en Colexio |

Fotos Festival Colexio.pdf

1 June 2009, 17:10

Actividades coa auga cos rapaces e rapazas de infantil

Arquivado en Ed-Infantil |

Aproveitando as altas temperaturas, mañá martes 2 de xuño faremos actividades coa auga, Todos os nenos e nenas terán que traer: – Bañador
-Sandalias ou fanequeras de auga (pechadas, non chanclas) – Unha toalla de lavabo – Algún “aparello” para trasegar coa auga
Todo ten que vir na mochila e marcado co nome (incluídos os aparellos)
Un saúdo e grazas pola vosa colaboración

20 January 2009, 10:30

Concerto para 4º de Ed. Primaria

Arquivado en Ed-Primaria |

Esta mañá fomos cos alumnos de 4º de Primaria a un concerto de Música Popular Galega, actividade encadrada dentro da programación para escolares de Caixanova.

Anteriores |

Feito con Textpattern | Plantilla: Tranquility White convertida a TXP por Textpattern Templates