Decirvos que todos aqueles que non comezaron ou non remataron a libreta azul, poden seguir traballando con ela no verán, si o considerades oportuno. Indicarvos tamén que Olga confirma a súa asistencia para a reunión de pais e nais do día 22 de xuño.
15 December 2009, 15:26
Suspendidas as clases o mércores 16 de decembro
A Xunta suspende as clases en toda Galicia ante o risco de nevadas.
Enlace á nova na páxina web da Consellería de Educación
27 October 2009, 17:03
Probas Psicopedagóxicas para 3º de E.S.O.
O Departamento de Orientación informa aos pais e nais do alumnado de 3º de E.S.O., que os vindeiros días, 4,11 e 18 de novembro, procederemos á aplicación das probas psicopedagóxicas colectivas, co obxectivo de orientar aos alumnos nas opcións que han escoller de cara ao próximo curso.
Os resultados das probas comentaranse con cada alumno nunha entrevista de carácter confidencial.
Para calqueira dúbida que teñades podeds poñervos en contacto cos titores e/ou co Departamento de Orientación.
2 June 2009, 13:33
Reunión para elección de Optativas dos alumnos de 3º de E.S.O
Estamos cos preparativos para a distribución por grupos dos alumnos que durante o próximo curso 2009/2010 farán 4º E.S.O., que se realizará en base á elección de cada alumno e tendo en conta as optativas que máis se adaptan ás súas aptitudes.
Para falar sobre este tema, faremos unha reunión este xoves día 4 de xuño ás 19:30 horas. É importante que non faltedes