24 May 2010, 10:48

Festival 4 e 5 de xuño de 2010

Arquivado en Colexio |

O venres 4 e sábado 5 de xuño, a partires das 19 horas, celebraremos no Teatro Salesianos o Festival de Fin de Curso do Colexio. Os rapaces participantes debera´n estar vestidos no Teatro media hora antes.
Festival Escola 2010.pdf

20 May 2010, 11:28

Circulares de Infantil para o Festival da Escola

Arquivado en Colexio |

Aqui tedes a vosa disposición as circulares coas instruccións para o Festival que celebraremos os días 4 e 5 de xuño no Teatro Salesianos.
3 anos Ana.pdf
3 anos Xela.pdf
4 anos Charli.pdf
4 anos Pili.pdf
5 anos Maria.pdf
5 anos Monse.pdf

12 May 2010, 14:20

Día das Letras Galegas

Arquivado en Colexio |

Este Venres, 14 de maio, celebramos na Escola o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Uxio Novoneyra. Como é costume, ese día non haberá comedor nin actividdes extraescolares.
O horario lectivo será o mesmo de todos os días. A media mañá iremos cos alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de Secundaria ao monumento a Martín Códax sito no Monte do Castro para facer a homenaxe e a ofrenda floral ao nos poeta.
Lembrade que, tal como figura no calendario que entregamos a principio de curso, o martes día 18 será día non lectivo, asi que o Colexio estará pechado.

8 February 2010, 12:15

Entroido 2010 Infantil

Nesta semana, o xoves 11 e o venres 12, celebraremos na Escola o Entroido. Xoves 11: O horario será o de sempre e haberá actividades extraescolares. Faremos o desfile de comparsas cos disfraces elaborados na aula que como ben sabedes, este ano están adicados ao mundo do circo. Venres 12: o Colexio empezará ás 11, polo que os autobuses subirán á escola dúas horas máis tarde do habitual e baixarán á hora de sempre. Pola tarde non haberá actividades extraescolares e polo tanto tampouco haberá comedor. A festa será cos disfraces que os nenos e nenas queran traer. Deberán vir vestidos desde casa e, por favor, procurade que os disfraces teñan o menor número posible de complementos para evitar perdas e os conseguintes disgustos. Tamén é importante que eles poidan ter autonomía para ir ao baño. Este día haberá lambetadas para que os nenos poidan mercar (1 € por neno será suficiente) e a recadación irá destinada a axudar á Viaxe de Fin de Curso dos rapaces e rapazas de 4º da E.S.O.
O regreso ás clases será o xoves 18 no horario de sempre.
3 anos:
Para completar o disfraz de pallaso que estamos a elaborar, precisamos que o xoves día 11, os nenos traian unha perruca de pallaso. Tamén os pediríamos que as nenas veñan con saia e un panti ou leotardos dunha cor alegre. Os rapaces poden traer chandal o pantalóns. Se queredes tamén poden levar zapatos con cordóns un de cada cor
5 anos
Para completar o disfraces que estamos a elaborar, precisamos que os domadores veñan con pantalón vaqueiro e os elefantes cun chandal, pantalón o leggins gris si xa o tedes na casa senon, un vaqueiro tamén.
4 anos
Para completar o disfraz de malabarista precisamos que os nenos veñan cun pantalón de chandal e as nenas con pantis xa postos.

8 February 2010, 11:28

Entroido 2010 Primaria e Secundaria

Arquivado en Colexio |
Coma tódolos anos por estas datas, estamos preparando a Festa de Entroido, que será este venres día 12 de febreiro. Ademáis dos concursos e actuacións de costume, tódolos rapaces poderán mercar lambetadas, refrescos e bollería. A recadación irá destinada a axudar ós alumnos de 4º ESO na súa viaxe de fin de curso. O Colexio empezará ás 11, polo que os autobuses subirán á escola dúas horas máis tarde do habitual e baixarán á hora de sempre. Pola tarde non haberá actividades extraescolares e polo tanto tampouco haberá comedor. O regreso ás clases será o xoves 18 no horario de sempre. Os rapaces deberán traer os disfraces postos da casa. Os sprays están totalmente prohibidos.

27 January 2010, 13:04

Comparsas de Infantil para o Entroido 2010

Xa está próximo o Entroido deste ano e estamos a traballar cos rapaces e rapazas de Infantil o tema do Circo. Para elo precisamos da colaboración dos pais:
Entroido 3 anos Pallasos.pdf
Entroido 4 anos Malabaristas.pdf
Entroido 5 anos Domadores.pdf
Entroido 5 anos Elefantes.pdf

18 November 2009, 13:18

Celebración do Magosto

Arquivado en Colexio |

Mañá xoves celebraremos, se o tempo o permite, o MAGOSTO na escola. Os nenos deberán traer un puño de castañas amosegadas (con un pequeno corte), e roupa axeitada por si se manchan

26 May 2009, 12:20

Festival da Escola o 5 e 6 de Xuño

Arquivado en Colexio |

O venres 5 e 6 de xuño, a partires das 19 horas, celebraremos no Teatro Salesianos o Festival de Fin de Curso do Colexio.
O programa de actuacións é o que indicamos a continuación
Festival 2009.pdf

14 May 2009, 10:14

15 de maio Celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS

Arquivado en Colexio |

Coma tódolos anos por estas datas, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas no Colexio, mañá venres NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NIN SERVIZO DE COMEDOR.
Polo tanto tódolos rapaces e rapazas rematarán a súa xornada no Colexio ás 14:30 horas.
Un saúdo e disculpade as molestias.

24 April 2009, 12:50

Roupa de Festival para os alumnos e alumnas de 1ºB de primaria

Este ano as datas escollidads para a celebración do Festival do Colexio son o 5 e 6 de xuño. Os nenos e nenas de 1ºB bailarán o venres (día 5 ), e a roupa que precisan é a seguinte: – Camiseta de cores que fará a profesora Julie – Pantalón vaqueiro curto. – Tenis brancos.
É importante que aqueles nenos que non asistan avisen a Sandra para non facerlles a camiseta.

Anteriores |

Feito con Textpattern | Plantilla: Tranquility White convertida a TXP por Textpattern Templates