15 June 2010, 14:14

Sesión matinal de cine para 1º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Temos un diñeiro que os vosos fillos conseguiron coa venda de pasteis na Semana Cultural e chegou o momento de gastalo.
Organizamos para mañá, mércores 16 de xuño, unha sesión matinal nos cines YELMO CINEPLEX para ver a película “Robin Hood”.
Os cartos que xuntaron chegan para pagar o transporte e a película, así que non tedes que pagar nada.
Grazas a todos pola vosa colaboración xa que se non fora por vos, non sería posible esta “empresa”, e aos vosos fillos polo entusiasmo e a ilusión que puxeron nela.

15 June 2010, 14:08

Visita ao Monte dos Pozos cos rapaces e rapazas de Ed. Infantil

Arquivado en Ed-Infantil |

O vindeiro xoves día 17, iremos de excursión ao Monte dos Pozos con todos os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.
A saída farémola dentro do horario escolar e a volta será á hora de sempre.
Teñen que traer: – Un euro – Un bocadillo – Unha bebida (nin vidro nin latas) – Algúnha galdrumada

14 June 2010, 12:27

Piragüismo con 1º de E.S.O. 2010

Arquivado en Ed-Secundaria |

O vineiro xoves 17 de xuño temos preparada unha xornada de piragüismo cos rapaces e rapazas de 1º de E.S.O.
piragüismo 1º ESO 2010.pdf

11 June 2010, 09:44

Piragüismo con 2º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Os profesores de Educación Física están preparando para os alumnos de 2º de E.S.O. unha xornada de piragüismo en Tui, organizada por xente con moita experiencia neste tipo de actividades. A data escolida é o MARTES 15 DE XUÑO. Sairemos dende o Colexio, nada mais chegar pola mañá, e voltaremos ás 17 hores tamén ó Colexio.
Os rapaces deberán levar a comida e bebida do mediodía, toalla, dous bañadores, dúas camisetas e, os que teñan, unhas chanclas.

10 June 2010, 14:19

Saída a Limens con 2º de Ed. Primaria

Arquivado en Ed-Primaria |

Con motivo da saída a Limens, precisamos da vosa axuda, o luns 14 de xuño ás 17:30 horas, para a montaxe das tendas no camping “Cangas de Liméns (ao lado da praia de Limens

Grazas pola vosa colaboración

7 June 2010, 14:28

Modificación data saída Limens con 2º Ed. Primaria

Arquivado en Ed-Primaria |

Debido ao tempo, pospoñemos a saída de Limens para os días 15 e 16 de xuño.
O prezo da viaxe, 55 euros, deberán entregalos en secretaria ata o xoves día 10

7 June 2010, 14:25

Modificacións datas piragüismo 4º,5º e 6º de Ed. Primaria

Arquivado en Ed-Primaria |

Aprevisión meteorolóxica desaconsella a realización das saídas de piragüismo que tiñamos programadas. As novas datas son:
-4º Ed. Primaria o día 14 de xuño.
-5º Ed. Primaria o día 18 de xuño. – 6ºEd. Primaria o día 16 de xuño.

2 June 2010, 12:36

Viaxe Fin de Curso de 4º de E.S.O.

Arquivado en Ed-Secundaria |

Viaxe Fin de Curso 4º ESO 2010.pdf

2 June 2010, 09:53

Saída limens con 2º Ed. Primaria

Arquivado en Ed-Primaria |

Limens 2º Ed. Primaria 2010.pdf

1 June 2010, 18:28

Viaxe do Románico cos alumnos e alumnas de 2º de E.S.O

Arquivado en Ed-Secundaria |

Dentro das actividades complementarias contempladas no Proxecto Curricular do 2º E.S.O o departamento de Xeografía e Historia programou unha viaxe de traballo para os vindeiros días 16,17 e 18 de xuño .
Viaxe Románico 2º E.S.O 2010.pdf

Anteriores |

Feito con Textpattern | Plantilla: Tranquility White convertida a TXP por Textpattern Templates