Blog da escola


Cerebro e pantallas

Como xa sabedes, esta semana tivemos na escola o gusto de escoitar unha charla sobre "Cerebro e pantallas" desenvolta por María Couso, pedagoga, exalumna e nai de nenos da nosa escola.

Nesta sesión de hora e media, contounos  as consecuencias cognitivas do uso (e abuso) de pantallas desde a primeira infancia ata as últimas fases da adolescencia. Fundamentado nos coñecementos actuais no campo da neurociencia, puidemos coñecer o impacto a nivel cognitivo, non precisamente visible a curto prazo, que teñen as pantallas para o léxico, a atención, a creatividade, a impulsibidade e outros procesos e habilidades cognitivas. Asomounos á ventá do coñecemento do cerebro, desde o punto de vista da súa evolución, dos seus mecanismos de funcionamento e mesmo dos neurotransmisores que entran en xogo nas funcións cerebrais, sobre todo nas executivas.

.IMG 20231130 191331 1

 

Ademais, a charla estaba contextualizada ao ámbito da nosa escola a través dos datos obtidos dunha enquisa anónima feita entre o alumnado de 3º de primaria a 4º da ESO.

Neste artigo da Voz de Galicia, do domingo 3 de decembro de 2023, hai máis información sobre a ponente da charla, que esperamos volver a ter o pracer de escoitar.

 

IMG 20231130 194135

 

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.