Blog da escola


Menos veciños, máis amigos

Neste pasado mes de decembro tivemos a sorte de compartir cos nosos colegas do João de Meira de Guimarães un par de xornadas que nos permitiron acercarlles un pouco máis aos seus alumnos a nosa lingua, a nosa historia, a nosa música e tamén un pouco do noso facer educativo.

Inscrito dentro do marco e-twinning da Comisión Europea, "Menos veciños e máis amigos" é un proxecto coliderado pola nosa escola e o AE João de Meira de Guimarães co obxectivo de propiciar o acercamento entre o alumnado e o profesorado de Galiza e o Norte de Portugal.

Con este proxecto colle pulo a idea de que as fronteiras non son máis que unha delimitación espacial e as persoas somos quen de debullar entre as diferenzas para atopar semellanzas.

Logo MVMA

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.