Seleccionar por meses

2017 Set | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2016 Nov | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2015 Dec | Nov | Out | Set | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2014 Dec | Nov | Out | Set | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2013 Dec | Nov | Out | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2012 Dec | Nov | Out | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2011 Dec | Nov | Out | Set | Mar | Feb | Xan

2010 Dec | Nov | Out | Set | Ago | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2009 Dec | Nov | Out | Set | Ago | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2008 Dec | Nov | Out | Set | Ago | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2007 Dec | Nov | Out | Set | Ago | Xul | Xuñ | Mai | Abr | Mar | Feb | Xan

2006 Dec | Nov | Out

0000 Dec

« Volver

Unha escola sen móbiles

0 comentarios /

Como xa sabedes, dende este curso o alumnado non pode facer uso dos móbiles no colexio.

Deixamos aquí un pequeno texto no que se resume o porqué da norma e a nosa posición como escola.

 

Unha escola sen móbiles

Asistimos, dende hai tempo, a unha crecente colonización da vida privada nas nosas sociedades por parte deses dispositivos chamados smartphones. Se na súa orixe alá polos anos noventa do século XX eran simples teléfonos móbiles, hoxe en día son xa ordenadores de peto dotados de funcionalidades impensables hai só uns poucos anos. O seu grao de penetración nas nosas vidas é tal que directamente cóstanos imaxinar a nosa cotidianeidade sen eles. É obvio que simplifican moitas tarefas relacionadas coa comunicación persoal e profesional e que facilitan enormemente grande cantidade de actividades cotiás, pero o custo destas facilidades tanto a nivel persoal como colectivo é enorme: na práctica funcionan xa como ferramentas de control social que potencian o narcisismo e o illamento, explotando a necesidade de comunicación derivada da perda de lazos verdadeiros na vida real. Dende o colexio levamos xa varios anos mergullados nun intenso debate sobre a súa pertinencia no espazo escolar e sobre as interferencias que producen estes dispositivos nas esferas académica, persoal e social do noso alumnado.

Hai tres anos o claustro decidira permitir o uso dos móbiles exclusivamente nos recreos. O argumentario para esta medida baseábase nun certo optimismo respecto á capacidade autoreguladora no uso dos móbiles por parte do propio alumnado. A nosa intención con esta medida era permitir o uso lúdico e autocontrolado nos tempos de lecer e poder combinalo co seu uso puntual nalgunhas materias para dotar de contido pedagóxico ás posibilidades destes aparatos. A avaliación última que fixemos desta medida foi moi desalentadora: cando nos preguntamos como, por que e para que incoporaríamos o uso dos móbiles na escola e se esta incorporación podería dar lugar a unha experiencia educativa, creativa e gratificante no desenvolvemento do pensamento atopámonos que as nosas alumnas e alumnos non ven os móbiles como un recurso educativo. Lonxe de lograr os obxectivos que pretendiamos, o que constatamos foi unha proliferación brutal de usos indebidos, sendo ferramenta básica na degradación das relacións e da convivencia. Nestes tres anos, ademais, o seu emprego foi estendéndose de forma expoñencial, sendo a día de hoxe xa xeralizado en toda a ESO e bastante abundante nos últimos cursos de Educación Primaria.

Por todo isto, como escola, pensamos que  cumpre tomar medidas para evitar os innumerables problemas derivados do seu uso incorrecto.  Tras varios debates entre nós temos chegado á conclusión de que a única opción coherente co noso ideario pedagóxico e coa nosa experiencia destes anos é excluir os móbiles do espazo escolar. Consideramos que existe unha incompatibilidade radical entre o feito educativo e a presenza destes dispositivos no día a día da vida escolar. Algúns dos motivos, detectados nestes anos, que van en aumento progresivo e que respaldan esta decisión son os seguintes:
- a súa capacidade para actuar como disruptores da convivencia nas aulas;
- o favorecemento do illamento, o narcisismo exhibicionista e o individualismo hipercompetitivo;
- as adiccións varias que favorecen, dende videoxogos ata xogos de apostas online;
- a erosión das ideas de respecto, intimidade ou privacidade a través da realización de fotografías e a gravación de vídeos sen consentimento (mesmo ás veces con consentimento) das persoas fotografiadas ou gravadas;
- a normalización de condutas que sabotean a dimensión social da vida escolar;

Agardamos, como noutras tantas cousas, a vosa comprensión e axuda á hora de desenvolver esta medida, en especial no que se refire a falar cos vosos fillos e fillas e explicarlles o porqué desta decisión. Pola nosa banda, poñerémonos dende o primeiro día á tarefa de explicarlles por que chegamos ata aquí, cales son as razóns da nosa postura e que agardamos de aquí en adiante. O noso compromiso estenderase tamén a reducir ao mínimo o uso persoal dos nosos móbiles na escola. Moitas grazas, por adiantado, pola vosa colaboración!

Comentarios

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.