Feliz día das Letras Galegas.
O pazo de Atenea
Blog das materias de Ciencias Sociais en 5 e 6 de E.P.
mércores, 15 de maio de 2024
luns, 13 de maio de 2024
luns, 29 de abril de 2024
5EP Actividades co mapa mudo de Galiza: Montañas, macizos, serras, chairas, mesetas e depresións.
Sitúa no seguinte mapa mudo:
Os límites físicos de Galiza.
Os ríos Miño, Sil e Limia.
Delimita cun lapis ou rotulador de punta fina negro os limites ao oeste do Macizo Galaico.
As Serras Setentrionais, a Serra da Capelada, as Serras Centrais, a Serra do Faro, a Serra dos Ancares, a Serra do Corurel, a Serra de San Mamede, Cabeza de Manzaneda, a Serra do Xurés, a Serra do Morrazo e a do Barbanza.
A Chaira de Bergantiños e a Mariña Lucense.
A Meseta de Lugo e a Terra Chá.
A depresión de Sarriá, a de Monforte, a de Maceda, a do Limia, a de Tui e a de Padrón.
Pinta de cor verde clariña as chairas, mesetas e depresións.
domingo, 28 de abril de 2024
mércores, 24 de abril de 2024
Era media noite e media cando en moitos cuarteis do exército portugués, capitáns e soldados escoitaban a radio na procura dunha música que anunciara que os plans de acabar cun goberno ditatorial, que duraba xa máis de 50 anos, ían cara adiante.
Grândola soou e os lisboetas acordaron a maña do 25 de abril coas rúas cheas de militares. A consigna era que o pobo permanecese nas súas casas. Mais o pobo saíu á rúa e coa esperanza no peito aclamou aos soldados e encheu as súas armas de caraveis vermellos.
Foi asi como Portugal acadou a democracia e as súas colonias, Angola, Moçambique, Guiné, Sao Tome e Príncipe, Cabo Verde e Timor iniciaron o camiño cara a súa independencia.
Porque o povo é quen máis ordena
Viva o 25 de Abril!
Viva a liberdade!
martes, 23 de abril de 2024
sábado, 20 de abril de 2024
domingo, 14 de abril de 2024
martes, 9 de abril de 2024
martes, 19 de marzo de 2024
Mércores para pensar
luns, 18 de marzo de 2024
6EP Mapa da Península Ibérica
Sitúa no seguinte mapa mudo: (58 items)
- Límites da Península Ibérica. (5 items)
- Unidades Periféricas da Península Ibérica. (5 items)
- Todas as unidades do relevo que rodean á Meseta Castelá. (3 items)
- Principais ríos da vertente atlántica e mediterránea (Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Ebro, Turia, Xúcar e Segura). (9 items)
- A submeseta Norte, a submeseta Sur, o Sistema Central e os Montes de Toledo (para nota sitúa a Serra da Estrela). (5 items)
- os seguintes cabos e puntas: Punta de Estaca de Bares, C. Ortegal, C. Fisterra, C. da Rocha, Esteiro do Texo, C. Espichel, C. San Vicente, Marismas do Guadalquivir, Punta de Tarifa, C. de Gata, C. de Palos, C. de Nao, Delta do Ebro e C. Creus. (14 items)
- Localiza as illas que forman o arquipélago das Baleares e o das Canarias e escribe os seus nome. (14 items)
- Pinta de amarelo a Meseta Castelá e de laranxa as depresións do Ebro e do Guadalquivir. (3 items)
domingo, 17 de marzo de 2024
xoves, 14 de marzo de 2024
Idus de Marzo
martes, 12 de marzo de 2024
6EP Actividades Mapa Península Ibérica IV
Sinala no seguinte mapa mudo:
- Todas as costas (Cantábrica, Atlántica Galega, Atlántica Portuguesa e Andaluza, Andaluza Mediterránea, Costa Levantina e Costa Catalá) e escribe as súas características.
- Colle un Atlas e sinala os Cabos e puntas marcados no mapa.
- Sinala os ríos máis importantes da P. Ib,.
- O delta do Ebro, o Esteiro do Texo e as Marismas do Guadalquivir.
domingo, 10 de marzo de 2024
6EP Actividades da Península Ibérica III
Sitíua no seguinte mapa mudo:
- Todas as unidades periféricas da P.Ib.
- As unidades do relevo que rodean á Meseta
- O Sistema Central e os Montes de Toledo.
- Os principais ríos da vertente atlántica e a vertente mediterránea.
- Pinta de verde a Depresión do Ebro e a do Guadalquivir
- Pinta de amarelo a Meseta Castelá.
venres, 8 de marzo de 2024
xoves, 7 de marzo de 2024
luns, 4 de marzo de 2024
6EP Xogamos coa xeografía da Península Ibérica? II
luns, 26 de febreiro de 2024
6EP Actividades Península Ibérica II
Sitíua no seguinte mapa mudo:
- Todas as cordilleiras que rodean á Meseta.
- Pinta de amarelo a Meseta Castelá.
sábado, 24 de febreiro de 2024
Negra sombra que me asombras
Ó pé dos meus cabezales
Tornas facéndome mofa
Cando maxino que es ida
No mesmo sol te me amostras
I eres a estrela que brila
I eres o vento que zoa
Si cantan, es ti que cantas
Si choran, es ti que choras
I es o marmurio do río
I es a noite I es a aurora
En todo estás e ti es todo
Pra min I en min mesma moras
Nin me dexarás nunca
Sombra que sempre me asombras
6EP Actividades Península Ibérica I
Sitíua no seguinte mapa mudo:
- Todas as unidades periféricas da Península Ibérica.
- Colorea de amarelo as depresións do río Ebro e do río Guadalquibir
- As cordilleiras que rodean as depresións do Ebro e do Guadalquivir.
domingo, 18 de febreiro de 2024
venres, 16 de febreiro de 2024
mércores, 7 de febreiro de 2024
Mapas Mudos
Para poder aprender ben onde se localizan os diferentes acidentes do relevo nun mapa ou onde está situado un pais, unha cidade ou unha vila é moi importante traballar con mapas mudos.
Velaí vos deixo un enlace para que poidades descargar os que precisedes
luns, 5 de febreiro de 2024
luns, 22 de xaneiro de 2024
martes, 16 de xaneiro de 2024
Menos veciños, máis amigos
Neste pasado mes de decembro tivemos a sorte de compartir cos nosos colegas do João de Meira de Guimarães un par de xornadas que nos permitiron acercarlles un pouco máis aos seus alumnos a nosa lingua, a nosa historia, a nosa música e tamén un pouco do noso facer educativo.
Inscrito dentro do marco e-twinning da Comisión Europea, "Menos veciños e máis amigos" é un proxecto coliderado pola nosa escola e o AE João de Meira de Guimarães co obxectivo de propiciar o acercamento entre o alumnado e o profesorado de Galiza e o Norte de Portugal.
Con este proxecto colle pulo a idea de que as fronteiras non son máis que unha delimitación espacial e as persoas somos quenes de debullar entre as diferenzas para atopar semellanzas.
sábado, 13 de xaneiro de 2024
luns, 8 de xaneiro de 2024
Coñécese co nome de CASTREXOS ou CULTURA CASTREXA ás persoas que habitaban o NO da P. Ibérica desde aprox. o 600 a.C. ata á chegada dos romanos. Tratábase de pequenos grupos sociais que se adicaban ao cultivo de cereais, a cría de gando e a pesca; sabían traballar os metais, fabricar cerámica e elaborar tecidos e tiñan pequenos contactos comerciais con outros habitantes da península.
Vivían en pequenos poboados amurallados chamados castros situados no alto de outeiros. En cada castro convivían varías familias en casas circulares de pedra cubertas con tellados de palla. Rendían culto ás forzas da naturaeza e incineraban aos seus mortos.
Entre os RESTOS ARQUEOLÓXICOS desta cultura que teñen chegado ata nós destacan: os recintos dos castros, muíños de man, restos de cerámica, puñais, torques, brazaletes, arracadas, alfinetes ou fíbulas; trisqueles, figuras de guerreiros, pedras formosas, cabezas trofeo, estatuas sedentes e altares aos seus deuses.
Clica na imaxe para acceder á presentación.
domingo, 7 de xaneiro de 2024
domingo, 31 de decembro de 2023
domingo, 24 de decembro de 2023
martes, 19 de decembro de 2023
domingo, 17 de decembro de 2023
IO SATURNALIA
As SATURNALIA tiñan lugar ante diem XVI Kalendas Ianuarias – ante diem X Kalendas Ianuarias (entre 17 e 23 de decembro) e estaban adicadas a SATURNO, deus de orixe moi antigo que gobernara o mundo na Idade de Ouro tempo no que homes libres e escravos eran iguais.A tradición romana tamen atribuía a Saturno a aprendizaxe aos homes do cultivo do campo de ai que se lle veneraba como deus protector da sementeira.
O seu templo, situado no Foro fronte a ladeira do Capitolio, non era soamente o lugar de culto ao Deus senon que se converteu na sede do , é dicir, na sede do tesouro do Estado (hoxe en día unha especie de Banco de España). No seu interior a estatua do deus estaba atada cunha corda de la que so era desatada durante as festas para que Saturno poidera disfrutar delas.
As celebracións públicas consistían nunha serie de sacrificios con capite aberto, a cabeza descuberta, e finalizaban cun convivium publicum, un banquete ao que asistían todos aqueles que o desexasen.
Eran un tempo no que todos os establecementos estaban pechados, as rúas rebosaban de alegría e todos, libres e escravos, disfrutaban delas sen distinción. Tamen era un tempo de contrastes xa que moitas veces o que estaba prohibido o resto do ano permitiase; así por exemplo, permitíanse as apostas e xogos de azar nas rúas. As celebracións privadas en cambio centrábanse en reuniones socias e banquetes onde se realizaban bromas e chistes.
O máis curiuoso deste tempo de festa e que durante el os escravos eran completamente libres de facer o que quixesen. Cidadáns e escravos lucían o pilleus ou gorro da liberdade que simbolizaba a igualdade entre seres humanos. Era tamen costume que neste tempo os escravos puidesen sentarse á mesa dos amos ou incluso que fosen os amos quen servisen aos escravos.
Casas e cidade engalanábanse durante estes días con pólas decoradas con velas nun intento de dar luz aos días máis oscuros do ano. O último día da festa ou sigillaria intercambiábanse regalos entre familiares e amigos cercanos.
Non vos lembra a algunha das nosas festas?
luns, 11 de decembro de 2023
Chega o Nadal
e nada mellor que cantar unhas panxoliñas, ou unhas xaneiras ou aínda mellor uns cantos de reis.
luns, 4 de decembro de 2023
6EP Repasamos os nosos coñecementos sobre continentes?
Neste periplo por todos os continentes que estamos a punto de rematar é importante que saibades localizar todos os elementos do relevo dos que falamos. Para facilitar a tarefa vouvos deixar unha serie de links:
Para IMPRIMIR mapas: clica aquí
Para repasar África: clica aquí
domingo, 26 de novembro de 2023
xoves, 23 de novembro de 2023
5EP Coordenadas Xeográficas
mércores, 22 de novembro de 2023
6EP ASIA
MAR MORTO: lago salgado situado a 395 m baixo o nivel do mar entre Israel, Cisjordanía e Xordanía.
ESTREITO DE BERING: brazo de mar que separa Asia de América. No pasado estaba cuberto polo casquete polar o que permitía o paso a pé dun lado a outro.
ILLA DE CEILÁN/ SRI LANKA: Illa situado ao surleste da Península India famosa pola súa produción de canela, té, café, caucho e coco.
RÍO GANXES: río situado aos pés da Cordilleira do Himalaia considerado sagrado para os hindús.
RÍO AMARELO/ YANG TSE: río máis importante de China; recibe o seu nome pola gran cantidade de materiais que arrastra ao seu paso o que lle da unha cor amarela.
luns, 23 de outubro de 2023
6EP Gran RETO africano
A conquista e posterior colonización de África realizouse maioritariamente no século XIX de tal xeito que os mapas anteriores a estas datas mostran grandes áreas do seu territorio sen explorar. Podes apreciar as diferenzas entre o mapa de África que ilustra esta entrada e o que tes na túa libreta?
RETO: Os grandes exploradores do continente africano foron David Livingstone, Henry Morton Stanley e Vernett Lovey Cameron. Busca información sobre eles e despois sinala nun mapa do continente africano os seus descubrimentos.
5EP O Ecuador e os Hemisferios
domingo, 22 de outubro de 2023
6EP América
ACTIVIDADES
venres, 20 de outubro de 2023
Queredes escoitar algunhas das linguas que se falan no oriente de África?
Queredes saber como soan o suajili, alur, kinyaruanda, amariña, trigriña ou maa. Pois non tedes máis que clicar aqui para poder escoitar todas estas linguas faladas por africanos que viven connosco.
xoves, 19 de outubro de 2023
As guerras tamen teñen normas
NON Á GUERRA, A NINGUNA GUERRA!
5ºEP Xogamos a localizar nun mapa os continentes e os océanos?
mércores, 18 de outubro de 2023
5EP Queres ver onde é de día
Como ben sabedes a consecuencia do MOVEMENTO DE ROTACIÓN é a existencia do días e as noites pero queres ver en tempo real onde é de día e onde é de noite?
luns, 16 de outubro de 2023
Novidades da Historia
Arqueólogos e paleontólogos da Universidade de Vigo xunto con estudosos etíopes e italianos descubren os restos máis antigos de HOMO ERECTUS atopados ata o día de hoxe. Trátase do fragmento de mandíbula que se atopou en Melka Kunture Etiopía.
Para ler máis sobre o tema podes clicar nos seguintes enlaces: