Actividades culturais

Un dos fundamentos principais do funcionamento da escola é achegar o alumnado á vida real mediante o contacto directo. Por iso pretendemos, na medida do posible, que os rapaces poidan vivir, de forma directa, todo tipo de manifestacións culturais.

A semana cultural

A Semana Cultural é un período de tempo onde o alumnado de Secundaria crea actividades para as nenas e nenos de primaria coa intención de difundir coñecementos de música, ciencias, lingua e literatura, artes, etc., a través da experiencia directa en distintos obradoiros. Os maiores involucran aos pequenos nas actividades de forma que poidan comprobar como os coñecementos se aplican á vida real: constrúen e crean novos instrumentos, investigan conceptos científicos, interactúan coa lingua a través de xogos, coñecen a literatura, aprenden sobre os escritores galegos, coñecen xeografía e historia, achéganse á tecnoloxía e á física, gozan de actuacións musicais e teatrais…

Nesta semana o o profesorado cede o seu posto ao alumnado de secundaria, para que eles, ensinando, descubran o positivo de transmitir e espertar o interese, de compartir experiencias cos “alumnos” aínda que non sempre sexa fácil.

Todas estas actividades e experiencias teñen o valor engadido de que a única lingua que se emprega para a comunicación entre maiores e pequenos é o galego, dotando a nosa lingua dunha presenza na boca e na vida do alumnado que desafortunadamente non ten ao longo de todo o ano. Convértese por tanto esta semana nunha ferramenta de normalización lingüística de grande utilidade.

Desde o ano 2013 un grupo de alumnos encárgase da difusión de todo o que acontece durante esta semana a través de redes sociais como Twitter e Facebook, así como a través dun blog que se crea ex profeso para o evento. Contamos en ocasións coa colaboración de xornais como o Atlántico Diario, Faro de Vigo ou La Voz de Galicia que nos ceden un espazo para que o noso alumnado difunda o seu traballo a toda a sociedade.

Blog de actividades 2013

Blog de actividades 2014

Blog de actividades 2015

Blog de actividades 2016

Blog de actividades 2017

Vídeo Semana Cultural 2014:

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.