Aulas de apoio

Para os alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais créanse estas aulas que pretenden completar a súa formación de modo individualizado.

A atención ós alumnos con necesidades educativas especiais establécese como un apoio a todos aqueles nenos de Educación Primaria e Secundaria que manifestan algún trastorno que poida interferir na súa integración global.

Os apoios fanse en función das características dos nenos e tendo en conta o horario de cada un deles, de xeito que non saian da clase nas horas que se poidan sentir máis integrados. Os alumnos con necesidades educativas especiais son atendidos nas aulas da apoio a tempo parcial, variando as horas segundo as necesidades de cadaquén.

Realízase o Reforzo Educativo daqueles alumnos que presentan necesidades de aprendizaxe e que, por tanto, requiren unha atención máis directa e persoal.

O centro dispón de tres aulas de apoio como resposta a atención á diversidade.

A nosa escola dispón tamén dun experto que presta apoio terapéutico colaborativo dentro das aulas que teñan algún alumno de "educación especial".

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.