Bases do proxecto educativo

As características metodolóxicas máis sobresaíntes que definen a nosa escola.

Espazo

Dependendo do tipo de aprendizaxe, o alumnado acode ás aulas dotadas de equipamentos e materiais específicos que facilitan a adquisición de coñecementos e a experimentación. Existen aulas de linguas, de música, de ciencias, de plástica, de imaxe, de historia, de tecnoloxía, de matemáticas, de psicomotricidade

Profesorado

Do mesmo xeito que na secundaria, en educación infantil e primaria, e en función de consideracións psicopedagóxicas, os nenos e nenas reciben clase de diferentes profesores e profesoras. Tanto polas especialidades destes como pola necesidade de que os alumnos se relacionen con diferentes mediadores culturais e perciban os distintos estilos didácticos

Contidos alternativos

Desde a fundación da escola emprendeuse a necesidade de incorporar contidos complementarios que contribuísen ao desenvolvemento de rapaces e rapazas e completasen o seu proceso educativo. Así, incorporouse ao currículo as clases de dramatización,  psicomotricidade,  imaxe, e unha especial atención á expresión musical e plástica

A escola no seu medio

Unha escola inserida na súa realidade social e natural significa unha programación de contidos atenta á cultura a que pertence. A observación, a análise e a capacidade crítica dos nenos e nenas procúranse tanto dentro da aula como nas saídas programadas. O traballo realizado no exterior permite o exercicio da experiencia directa e o fomento da convivencia.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.