Bioloxía e Xeoloxía

Neste segundo ciclo é importante que os nosos alumnos teñan un coñecemento teórico e práctico claro dos aspectos referentes á materia mineral e outro, máis amplo, da anatomía e fisioloxía humana, temas que corresponderían ó terceiro curso deste ciclo. No cuarto, xa se trataría con detalle a dinámica da Terra, faríase fincapé nos aspectos da citoloxía e da ecoloxía, ao tempo que nos introduciríamos na xenética e a evolución.

O noso obxectivo como educadores é iniciar ós nosos nenos nos principais fenómenos naturais así como nas súas aplicacións tecnolóxicas, que aproveiten e coiden o medio natural, que desenvolvan e afiancen hábitos de coidado e saúde corporal e sobre todo que recoñezan, valoren e aprecen as contribucións da ciencia á humanidade.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.