Coñecemento do medio

O medio! Que medio...?

Un rapaz de 2º e 3º ciclo de Primaria desenvólvese nun espazo familiar que o acubilla dende pequeno pero ao mesmo tempo outros espazos ábrense ante el: a escola, onde pasa parte da súa xornada diaria, nela fala, comenta as súas experiencias e escoita as dos demais, e a natureza que o envolve e que ten que comezar a descubrir e valorar.

Esta é a nosa finalidade: valorar o que nos rodea, a nosa cultura e coñecer e respectar outras por moi distantes e diferentes que sexan, afondando sobre o que é propio e o que é distino até chegar á comprensión deste mundo plural, rico e diverso.

Aprendemos a aprender, adquiriremos un vocabulario específico que nos axude a interpretar este medio. Lograremos coñecementos que nos levarán á comprensión do noso entorno.

Como o faremos?

Partiremos sempre dos coñecementos previos, leremos, subliñaremos, esquematizaremos, memorizaremos e iremos facendo pouco a pouco o noso libro.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.