Cultura clásica

Entender e valorar a cultura grecolatina posibilita un achegamento ás fontes da nosa civilización, é dicir, ós fundamentos das ciencias, da literatura, das artes e do pensamento do mundo moderno. 

Pretendemos que os alumnos de cuarto de ESO (materia optativa) coñezan as súas raíces lingüísticas e culturais. Esta materia aporta unha aproximación ás linguas clásicas e, en particular, ó latín. É importante que vivan o latín como lingua xeradora da noso idioma. Tentamos que os alumnos e alumnas descubran, gocen e comprendan a cultura clásica como fonte especial dos valores culturais e sociais da maioría dos pobos de occidente.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.