Dramatización

É unha área formativa que utiliza os recursos teatrais para que os nenos atopen a canle axeitada para desenvolver o seu potencial expresivo e creativo, contribuíndo ó desenvolvemento integral do neno

Aquí aparecen unha das opinións das nosas nenas e nenos sobre esta materia:

"Chámome Cristina e teño 10 anos. Vou en 5º de primaria no Colexio Martín Codax.

Para min a clase de Dramatización é unha das mellores, porque serve para expresarse.

Nesta clase divírteste xogando, rindo, bailando, actuando, facendo historias e interpretando.

A clase de "Drama", que así é como a chamamos, só a temos un día a semana, aínda que me gustaría tela dous ou tres días.

A clase dánola "Teté", que é a mellor profesora do cole, é moi divertida, boa, alegre e graciosa.

Así é a miña clase de 'Drama'."

Dramatización

A dramatización pretende conseguir que os nenos atopen na aula de teatro a canle axeitada para desenvolver o seu potencial expresivo e creativo mediante unha serie de actividades ou recursos teatrais, respectando a globalidade do neno, o seu estado evolutivo e desenvolvemento psicomotor.

A finalidade desta materia NON É a creación dun espectáculo. É unha área formativa que utiliza determinados recursos teatrais pero con obxectivos diferentes.

Os nenos xogan para o seu propio pracer, non para o do outro, por tanto non se pretende a formación de pequenos artistas senón contribuír ó desenvolvemento integral do neno.

O deseño metodolóxico susténtase no traballo improvisatorio, a partir de:

Nenos e nenas de 8 a 11 anos:

  • Xogos improvisados a partir de situacións cotiás.
  • Improvisacións a través de textos literarios, contos, romances, lendas, poemas, cancións,...
  • Representacións de personaxes concretos, coñecidos no seu entorno, ou de actualidade, tanto reais como de ficción.
  • Elaboración de recursos escenográficos elementais, de decorados, vestiario ou caracterización.

Nenos e nenas de a partir de 12 anos:

  • Elaboración de guións.
  • Creación de personaxes: creación ou recreación, caracterización, maquillaxe e disfraces...
  • Elaboración de ambiente: lugares dos personaxes, obxectos, escenografía, decorados...
  • Creación de situacións: as historias dos personaxes, os espacios e os movementos.
  • Interpretación: Representación do traballo elaborado.
A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.