Educación física

A área de Educación Física pretende desenvolver e potenciar a través dos xogos, deportes, habilidades motrices básicas, expresión corporal, condición física e actividades na natureza a mellora e perfeccionamento das accións motrices. 

Con isto pretendemos favorecer tanto o coñecemento, control e dominio corporal como a adquisición de actitudes, valores e normas de conducta que capacitan ós alumnos para enfrontarse ás diversas situacións que se presentan tanto na actividade física como na vida diaria, sempre desde o respecto, a cooperación e a solidariedade.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.