Física e Química

Mentres que no primeiro ciclo se fai máis énfase nos aspectos visuais e xerais, neste segundo ciclo os aspectos formais e académicos son abordados segundo as capacidades dos rapaces.

Nesta nova materia para os nosos alumnos, os contidos distribúense tendo en conta os coñecementos matemáticos dos rapaces para lograr ó final da etapa unha aprendizaxe homoxénea e adecuada de ambas.

No terceiro curso a Química predomina sobre a Física, en particular, estúdiase a materia macro e microscopicamente, a reactividade química, a repercusión da ciencia na sociedade actual. A Física que se estudia a este nivel desenvolve conceptos enerxéticos relacionados coa electricidade polas súas múltiples aplicacións no seu entorno. No cuarto curso a Física predomina sobre a Química. Da primeira, atopamos os conceptos e as aplicacións das forzas e movementos, as enerxías mecánica, calorífica e ondulatoria. Da segunda, estudiamos os cambios químicos e a nomenclatura dos compostos.

O noso obxectivo neste campo é iniciar ós alumnos no coñecemento científico, tentar que comprendan e se saiban expresar con propiedade no mundo da Ciencia, que participen e planifiquen actividades científicas e, sobre todo, poidan mostrar ós nosos rapaces que estas dúas materias están presentes na nosa vida cotiá.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.