Lingua francesa

A importancia do estudio dunha segunda lingua estranxeira é moi recoñecida na nosa sociedade.

Na Escola Martín Codax, o francés é unha materia obrigatoria en tódolos niveis da ESO, salvo para os alumnos 4º de ESO que a teñen como optativa.

Obxectivos xerais:

En xeral, para os dous ciclos (primeiro e segundo ciclo) inténtase facer descubrir unha lingua viva e ó mesmo tempo outra cultura, a do país veciño. Trátase dunha lingua que ten a mesma orixe que as nosas (o galego e o español).

Búscase tamén consolidar, enriquecer e promover a comunicación real cos países francófonos.

Os temas abordados durante toda a etapa son atraentes e moi próximos ás situacións cotiás dos mozos (franceses e galegos).

No segundo ciclo (terceiro e cuarto) a escola considerou necesario un contacto máis directo coa lingua e coa cultura francesa. É por iso que o ano pasado comezou a facerse un intercambio lingüístico-cultural cun colexio francés, con alumnos e alumnas da mesma idade e que estudian o castelán na súa escola.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.