Lingua galega

Na materia de lingua galega no ensino primario, pretendemos sobre todo que o alumnado perda o medo a falar nesta lingua, que para a inmensa maioría do noso alumnado non é lingua materna, senón que son castelán-falantes. É por iso que primamos o feito de que os nenos comecen a identificar o galego como lingua propia e non como unha lingua estranxeira, en lugar de nos centrar no coñecemento teórico.

Tratamos de que o neno vaia acostumándose a escoitar os compañeiros e a si mesmos a falar nunha lingua que é súa e eles non o saben.

Tamén, como finalidade secundaria aínda que non menos importante, intentamos que vaian aprendendo as normas gramaticais básicas, todo isto a base de de contar, cantar, recitar, ler, xogar..., mesmo atreverse a falar, ler e escribir.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.