Imaxe

Esta materia pretende amosar unha visión crítica do mundo audiovisual que nos rodea.

Ninguén dubida que unha das principais finalidades da escola é ensinar ós nenos a ler e a escribir para que eles poidan expresarse por este medio e tamén entender todo aquelo que lean, sexa unha novela, un poema, un xornal ou unha carta. Da mesma maneira, nesta materia pretendemos que os nenos da nosa escola poidan entender e interpretar correctamente os códigos visuais presentes en case tódalas actividades cotiás: a programación televisiva, o cine, a publicidade, a fotografía...

A sociedade actual vive nun constante bombardeo de imaxes para as que todos debemos estar preparados, e consideramos que o coñecemento dos seus códigos é indispensable nunha sociedade e nunha época nas que unha imaxe vale máis que cen palabras.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.