Lingua castelá

A chamada lingua nai da maior parte dos nosos alumnos pasa a ser "madrasta" á hora da materia de Lingua e Literatura Castelá. Pois iso da boa escritura, a aplicación das normas ortográficas, a lectura fluída e comprensiva, o nome, o verbo... é un óso duro de roer.

A pretensión (intentándoo da maneira menos aburrida posíbel) é que falen, lean e escriban coa maior soltura e axilidade (a ortografía é outra cousa pois os milagres non existen), para empregar ben a lingua atrevéndonos incluso a pensar en formar futuros escritores, políticos ou outros "oficios" que vivan da súa lingua (oral ou escrita).

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.