Lingua inglesa

No primeiro ciclo da  Primaria pretendemos que o ensino da lingua inglesa se realice dun modo o máis natural posíbel. Baseámonos nunha metodoloxía totalmente oral na cal incluímos unha serie de actividades como poden ser os contos, cancións, ritmos, refráns, vídeos, xogos, bailes, dramatización...

En referencia ao libro de texto, temos que dicir que é de creación propia. Creáronse uns cadernos (un para cada trimestre) nos que o neno colorea, une, repasa, copia, pega, recorta, etc., segundo a necesidade e o ensino de cada momento.

No terceiro ciclo seguimos coa metodoloxía oral con cancións, xogos, dramatizacións, historietas, rimas... pero xa pensando na corrección gramatical.

No segundo e terceiro ciclo contamos cun libro de texto que axuda ao neno e nena a escoitar, escribir e ler en inglés, pero non é o único co que contamos para ensinar.

En terceiro e cuarto dámoslle aínda máis importancia á parte oral, xa que nela vaise sustentar o resto da ensinanza do inglés e xa en quinto e sexto comezamos coas traduccións e textos escritos.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.