O colexio

O colexio Martín Codax nace en 1971 inspirado na Institución Libre de Ensinanza e na tradición cultural galega. O proxecto puxo en pé unha escola laica e democrática ao servizo do desenvolvemento ético, cognitivo e emocional dos nenos e nenas como verdadeiro centro do feito educativo.

A estratexia pedagóxica do colexio, de raíz construtivista, concibe a aprendizaxe como motor de desenvolvemento e baséase na procura da autoestima e o autoconcepto, na responsabilidade persoal e na adquisición do coñecemento a partir da creatividade, curiosidade e capacidade de experimentación do ser humano.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.