Matemáticas

O traballo básico que se fai cos rapaces en primaria ten a súa continuación na secundaria tratando de manter unha coherencia entre a forma de aprender nas dúas etapas.

As clases de ESO non poden ser tan vibrantes como na primaria, pois hai que achegarse a un temario polo camiño dunha certa disciplina de traballo, pero tratamos de conseguir un equilibrio entre o traballo duro e unhas clases participativas, buliciosas, nas que as tarefas a realizar fomenten todo tipo de cuestións de maneira continua.

A participación dos alumnos é algo fundamental, a súa disposición para amosar ós demais cómo resolver os problemas é unha das compoñentes básicas da materia. Esta actitude só é posible se dende os cursos anteriores hai unha certa forma de ensinar as matemáticas. Un xeito que leva nomes e apelidos de persoas concretas durante anos, unha traxectoria que ten configurado o mundo das matemáticas para varias xeracións de alumnos dunha forma especial.

Cómo se fose unha receita de cociña: Traballo duro, clases moi participativas onde poder discutir as ideas a expor e unha atmosfera de colaboración continua entre profesores e alumnos interiorizada dende a primeira infancia.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.