Orientación académica e profesional

A principal finalidade da educación é a de facilitar a inserción social dos alumnos e o seu acceso ao mundo laboral. Para acadar estas metas os alumnos deberán tomar decisións importantes elixindo entre distintos camiños e alternativas.

O papel da orientación profesional consiste en facilitar na medida do posible os medios para que afronten axeitadamente a tarefa de descubrir e elixir os mellores camiños para eles.

Tratamos, polo tanto, de que os alumnos teñan un coñecemento axeitado deles mesmos (intereses, capacidades e recursos), das distintas opcións educativas e laborais e das vías que se abren ou pechan con cada opción, das esixencias do mundo laboral e a súa relación cos distintos estudos, e por último, un dominio axeitado das estratexias e habilidades de decisión.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.