Plástica

Nos primeiros anos centrámonos en que o neno sexa capaz de desenvolver o coñecemento do esquema corporal, representar diversos animais, desenvolver o libre uso da cor, percibir e utilizar texturas táctiles, analizar imaxes do entorno e dos medios de comunicación, controlar a coordinación óculo-manual...

Cando xa teñen dez anos empezamos a traballar os detalles e o movemento nas figuras, a análise de imaxes do entorno e dos medios de comunicación, a utilización dos instrumentos de modelar, as relacións espaciais diversas: superposicións, relacións elevación-distancia, tamaño-distancia...

Os obxectivos e contidos da Educación Primaria, que son basicamente o uso da linguaxe plástica, seguen tendo vixencia na ESO complementándose con aqueles que posibilitan a análise e a comprensión da linguaxe.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.