Departamento de orientación

Este departamento é un grupo de profesionais ó servicio do profesorado, dos pais e dos alumnos, plenamente integrado no centro para apoiar e colaborar no desenvolvemento do seu labor educativo.

A existencia dun Departamento de orientación integrado na escola dende a primeira etapa da Educación infantil é, ó noso entender, de prioridade elemental e de máxima importancia xa que dende o inicio da vida escolar do neno preséntanse moitas situacións de orixe persoal, social, familiar e escolar de grande transcendencia nas que psicóloga e pedagoga asesoran e apoian tanto a mestres como a pais en todo o que se refire a unha ensinanza integradora onde o alumno comeza a súa socialización e adaptación a diversas situacións, novas e complexas para el e que non sempre sabe resolver de xeito satisfactorio.

É neste nivel de idade onde nós, como centro educativo e preocupado polo desenvolvemento integral do neno, aplicamos a Psicoloxía Preventiva que asesore e colabore dende o principio no proceso de medrar e madurar equilibrada e harmoniosamente, de modo individual e en estreita relación co medio onde interactúa para que máis adiante non sexan precisas medidas correctoras ou terapéuticas de máis difícil solución.

Queda definido, por tanto, este departamento como un grupo de profesionais ó servicio do profesorado, dos pais e dos alumnos, plenamente integrado no centro para apoiar e colaborar no desenvolvemento do seu labor educativo en tres grandes ámbitos que están interrelacionados:

  • O apoio ó proceso ensino-aprendizaxe
  • A orientación académica, profesional e persoal.
  • A acción titorial.
A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.