Tecnoloxía

Os principios básicos de funcionamento das máquinas e aparellos que vemos diariamente son moi sinxelos, aínda que o seu mecanismo nos pareza complexo. Dispondo dalgunhas ferramentas e materiais, se utilizamos a nosa imaxinación, poderemos fabricalos con facilidade.

Na aula de Tecnoloxía – Taller (*) da escola temos materiais e ferramentas cos cales podemos construír infinidade de proxectos como coches eléctricos, xeneradores de enerxía eléctrica, portales automáticos de garaxes, depuradoras...

Para construír estes aparellos teremos que analizar tecnicamente obxectos e desenvolver proxectos técnicos.

A aula de Tecnoloxía – Taller (*) é un espacio dentro do centro onde poderemos desenvolver a nosa creatividade e coa axuda dos distintos materiais e ferramentas, crear todo o que a nosa imaxinación nos suxira.

A área de Tecnoloxía cremos que debe ter unha ampla marxe de manobra para que os ensinantes incorporemos en cada momento os contidos derivados das innovacións tecnolóxicas, co fin de conseguir unha formación integral da persoa.

Nesta perspectiva hai que dicir que lle concedemos vital importancia á informática.

Para ser cidadáns activos é necesario coñecer e manexar as novas tecnoloxías que a rexen. A escola non pode ser allea a isto.

Ó longo da ESO a materia de Tecnoloxía divídese nunha parte dedicada especificamente á informática e outra que ten que ver co que mencionamos ó comezo da páxina. Esta última impártese na aula de Tecnoloxía – Taller (*), e a primeira na aula de Informática (*).

(*). Facemos esta especificación para diferenciala da parte que se imparte na Aula de Informática.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.