Xeografía e Historia

O Departamento de Xeografía e Historia, tal como está especificado no Proxecto Curricular do Centro, busca uns obxectivos específicos que podemos resumir nos seguintes puntos:

  • Acadar un coñecemento dos feitos fundamentais que poidan explicar a evolución da humanidade, así como o espacio xeográfico onde se produce dita evolución.
  • Coñecemento da existencia de fontes bibliográficas (arquivos, rexistros, hemerotecas, códices...), e non bibliográficas (depósitos arqueolóxicos, monumentos...) para o estudio dos feitos sociais.
  • Estimular a habilidade de localización dos fenómenos sociais no espacio e no tempo (elaboración de mapas, esquemas, árbores xenealóxicos...).
  • Desenvolver nos alumnos a capacidade de análise (diferenciando o esencial do accesorio na causa dos fenómenos, distinguindo os feitos reais das conxecturas e aparencias) e a capacidade de síntese.
  • Capacitar o alumno para o estudo crítico de situacións, actuacións, decisións ou calquera outro momento clave da historia.
  • Adquisición dun vocabulario xeográfico-histórico básico.
  • Fomentar nos alumnos a capacidade de aceptación do noso pasado histórico-cultural, responsabilizándoos para a súa conservación e enriquecemento.

Asimesmo consideramos que ó rematar a Educación Secundaria os nosos alumnos deberán ter adquirido unhas técnicas de traballo que lle permitan:

  • Manexar e confeccionar diversos tipos de mapas e planos xeográficos.
  • Saber ler, interpretar e confeccionar gráficos non excesivamente complexos.
  • Ser capaces de realizar unha lectura comprensiva sen graves atrancos, non só de anacos de textos históricos senón tamén de debuxos e outras imaxes.
  • Ser capaces de ordenar todo o material traballado en determinado momento e expolo por escrito ou oralmente cun mínimo de orde e precisión.

A metodoloxía empregada, explicada no Plan Anual e no Proxecto Curricular, utiliza para elo todo o material curricular do que dispón a aula de Sociais segundo os casos: Vídeos, DVD, Internet de alta velocidade, ordenadores multimedia, filminas, casetes, xornais, reproduccións de xornais antigos, textos históricos, etc...

Para poñer alumno en contacto co mundo circundante levamos a cabo uns sinxelos estudos monográficos que son a base da iniciación á investigación persoal, á documentación e á lectura. Estes estudios darán ocasión a saídas, unhas establecidas no Plan Anual e outras ocasionais pero en todas o departamento realiza un material pedagóxico específico que serve como punto de referencia e axuda tanto no momento da realización como nas sesións previas preparatorias na aula e nas posteriores postas en común.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.