Protexede as touradas, quitádenos a lingua

Posted by xavi on Tuesday, March 9. 2010 at 21:57 in xavi
Chamádeme monotemático se queredes. Dicídeme que me repito, que sempre ando coas mesmas, que disto xa falei antes...

Pero a cousa non é para menos. Estes días, na prensa, na radio, nos telexornais de todo o Estado amontónanse as noticias por volta das touradas (négome a chamarlle festa nacional, ou a identificarme coa nación que a iso lle chama festa).
Resulta que nunha das comunidades autónomas que forman o Estado estase a debater a posibilidade de eliminar as touradas, por consideralas unha tortura e por tanto unha afrenta aos dereitos dos animais, máxime cando se trata dunha simple diversión.
Por suposto, hai quen toma a bandeira da defensa das tradicións, e que di que todo iso corresponde cunha tradición cultural antiquísima e que por tanto debe ser protexida. Tanto é así que noutras comunidades autónomas deste mesmo Estado, estanse a declarar as touradas Ben de Interese Cultural, para que non só non sexan eliminadas senón que se fomenten polo que teñen de seña de identidade cultural.

Sabedes que outra seña de identidade cultural temos moitos de nós? A lingua. O noso idioma. O galego. Tamén a nosa lingua corresponde con séculos de tradición cultural. Tamén a nosa lingua é un ben de interese cultural. Por riba, a nosa lingua non fai mal a ninguén. Non se tortura outros seres vivos por falar en galego. Pero resulta que non se toman medidas para protexela da desaparición, non se elaboran leis que protexan e fomenten o uso do idioma, senón que se redactan leis que lle quitan as poucas proteccións que tiña. Xa non é preciso facer unha proba de coñecemento do galego para ser funcionario da Xunta de Galicia e así garantir a posibilidade de que todos os cidadáns poidamos ser atendidos no noso idioma. Queren quitarnos espazos que o galego tiña gañados na escola. Isto non o hai que protexer con leis.

Chamádeme monotemático se queredes. Dicídeme que me repito, que sempre ando coas mesmas, que disto xa falei antes... Pero eu o único que quero é vivir en galego con normalidade. O único que quero é non ter que falar nunca máis deste tema, que xa sei que me repito.

o valor de escribir correctamente

Posted by eloy on Thursday, March 4. 2010 at 22:59 in curiosidades
Encántame esta ilustración pertencente á serie Scrabble de Eduardo Salles e que descobrín gracias a microsiervos:



Axudas para a aprendizaxe de linguas estranxeiras

Posted by orientación (susicris) on Tuesday, March 2. 2010 at 19:35
Se queres mellorar o nivel dunha lingua estranxeira (inglés, francés ou alemán) coa estadía no país, non deixes pasar esta oportunidade.

Toda a información aquí

Nota: se a páxina dache un erro de seguridade tes que obter o certificado de seguridade.

Programa de orientación académica

Posted by orientación (susicris) on Tuesday, March 2. 2010 at 11:31 in orientación
Poñemos á vosa disposición o seguinte programa con toda a información sobre as opcións de estudos tras rematar a ESO.

Instrucións:
- descargar o arquivo comprimido que indicamos a continuación (7.2 Mb)
- descomprimilo cunha aplicación tipo winrar
- na carpeta que se crea, darlle ao executable "orienta9_10.exe"



Para calqueira dúbida ou consulta dirixirvos a Cristina no seguinte horario: martes, mércores e xoves de 13:40 a 14:10.

Descargar arquivo

En palabras de Rosalía, para Rosa Díez

Posted by xavi on Friday, February 26. 2010 at 00:45 in xavi
Castellana de Castilla,
tan bonita e tan fidalga,
mais a quen para ser fera
ca procedensia lle abasta.
Desíme, miña señora,
xa que os mostrás tan ingrata,
si o meu rendimento homilde
bascas de enoxo vos causa,
pois cando onda vós me achego
cuspís con ardentes ansias,
i ese mirar de pombiña
volvés en fosca mirada,
tornando en sombrisa noite
o día que en sol se baña.
En vano intento, señora,
saber por que me maltrata
dama dun alma tan nobre,
aunque soberba por fama,
pois n'é motivo a desprezo
sintirse tan ben amada,
que as mesmas pedras, señora,
dun bon querer se folgaran.
Din que na nobre Castilla
así ós gallegos se trata,
mais debe saber Castilla
que de tan grande se alaba,
que sempre a soberbia torpe
foi filla de almas bastardas;
e sendo vós tan sabida,
nunca de vó-lo pensara,
que de tan alto baixando
vos emporcases na lama;
nin que chamándovos nobre,
tanta nobreza enfouzaras
imitando ós que vaidosos
no que está débil se ensañan.
Pero máis val que enmudeza,
pois tes condición de ingrata;
que predicar en deserto
na miña terra n'é usanza.
Si fun curpabre en quereros
coma ningún vos amara,
por ser de terra gallega
e serdes vós castellana,
en paz, señora, vos deixo
ca vosa soberba gracia,
e voume á Galicia hermosa
donde en xuntanza me agardan
o que non tendes, señora,
i o que en Castilla n'achara:
campiños de lindas rosas,
fontiñas de frescas auguas,
sombra na beira dos ríos,
sol nas alegres montañas,
caras que nacen sorrindo
e que sorrindo vos aman,
e que inda mesmo morrendo
en sonrisiñas se bañan.
Alí, señora, contento
cantando o doce ala lala,
baixo a figueira frondosa,
en baixo da verde parra,
c'aquelas frescas meniñas
que mel dos seus labios manan,
cando en falar amoroso
meigo nos din en voz maina
con tódalas de Castilla
nobrísimas castellanas
olvidareivos sin pena,
anque sos vós tan fidalga.
Que aló saben ser altivas,
pero non saben ser vanas,
i é fácil con doces tomas
olvidar tomas amargas.
Déchesmas vós, mi señora,
con desprezo envenenadas,
inda con fero máis fero
que pelica de laranxa;
mais teño por que me pase
aquel sarrapio que escalda,
teño unha dama nos Portos,
outra no Ribeiro de Avia;
si a dos Portos é bonita
a do Ribeiro lle gana.
Cantares Gallegos (1863)

Xenofobia desprezábel

Posted by xavi on Thursday, February 25. 2010 at 16:28 in xavi
Onte, nunha entrevista televisiva, unha deputada do parlamento de Madrid calificou a outro político contrincante seu como "podría ser gallego, en el sentido más peyorativo". Algúns meses atrás, esta mesma persoa calificaba outro político (este de procedencia galega) como "es muy gallego, en el sentido peyorativo de la palabra".

Analicemos isto, que dá moito que pensar:

1) A esta señora fáltalle imaxinación, pois califica os dirixentes de dous partidos políticos diferentes co mesmo adxectivo.

2) Deixemos claro que "peyorativo" é un adxectivo non cuantificábel, pois algo pode ser pexorativo ou non. A construción "más peyorativo", usada nos dous casos pola señora, denota unha considerábel ignorancia pois algo é pexorativo ou non, pero nunca "máis pexorativo", igual que unha persoa está morta ou non, pero non pode estar "máis morta". Debería esta persoa, defensora da primacía do castelán sobre o resto de linguas españolas, aprender a falar a lingua que tanto defende.

2) É certo que se buscamos "Galego" no dicionario da RAE atopamos isto na súa acepción número 5: ". adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón)". É unha acepción que a propia Academia sitúa en Costa Rica, non na Península, e que ten que ver cos prexuízos xenerados a partir dos milleiros de galegos que no pasado emigraron a América. Trátase, pois, dun anacronismo que xa debería estar eliminado do dicionario.

3) Fagamos un exercicio de imaxinación: Tendo en conta que, máis ou menos na mesma época en que se xenera esa acepción do noso nome colectivo, existían outros moitos prexuízos sobre outros moitos colectivos humanos, parémonos un momento a pensar que sería o que pasaría se alguén dixese que Obama é indigno do seu posto porque os negros son seres inferiores aos brancos; ou se alguén dixese que esta señora debería dedicarse ao que corresponde a limpar a casa e criar os seus fillos, e deixar a política para os homes... Tal caste de discriminacións serían obxecto das máis duras críticas, por racista ou discriminatoria.

4) Agradézolle a esta persoa que nos teña dado un exemplo tan claro de aquilo que Eduardo Pondal cita no seu poema "Os Pinos" como "a inxuria" e o "oprobioso alcume". Non podo deixar de lembrar tamén outros versos do mesmo poema:

...
mais sós os iñorantes
e férridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.


Eu opino que o emprego do noso xentilicio, do nome que nos identifica como pobo, coa acepción con que o fixo esta señora é digno do máis absoluto dos desprezos, por ser un claro exemplo de xenofobia (emprego outra acepción do dicionario da Real Academia Española, para evitar confusións: xenofobia. (De xeno- y fobia). 1. f. Odio, repugnancia u hostilidad hacia los extranjeros.).

LAVE VOSTEDE A BOCA, SEÑORA, E MIRE O CALENDARIO, A VER SE SE DÁ CONTA DE QUE XA ESTAMOS NO SÉCULO XXI; O XIX HAI TEMPO QUE REMATOU.

Máis fotos do antroido

Posted by Isabel Plástica on Wednesday, February 24. 2010 at 21:18 in plástica primaria
¡¡¡¡¡¡Estaba un chisco abarrotada a clase!!!!!!



















Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Posted by xavi on Tuesday, February 23. 2010 at 19:52 in xavi
Gústame este vídeo. Cómpre que todos os que así o sentimos o digamos en voz alta, polo menos unha vez ao día. Grazas a Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa (tamén director do vídeo), Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro.

O GALEGO NECESITA MÁIS PROTECCIÓN
EL GALLEGO NECESITA MÁS PROTECCIÓN
GALICIAN LANGUAGE NEEDS MORE PROTECTION



Eu, desde logo, estou orgulloso do noso, orgulloso do galego. E vós?

entroido 2010, as fotografías da festa

Posted by eloy on Sunday, February 21. 2010 at 23:10 in fotografías
Feitas polas alumnas de 4º de ESO Raquel Fernández, Noelia Lago e Jennifer Muñoz.

Photobucket

london 2010

Posted by eloy on Saturday, February 20. 2010 at 21:31 in jorge

londres 2010

Desfile Entroido

Posted by charli on Saturday, February 20. 2010 at 15:04 in Charli
Aproveitando o entroido, en infantil, xunto coa colaboración de todo o colexio, rematamos o "proxecto circo" cun gran desfile. Estas son algunas mostras do acontecido


Xoves

Test de orientación vocacional

Posted by orientación (susicris) on Thursday, February 18. 2010 at 14:04 in orientación
Para los alumnos de 4º de ESO

test de orientación vocacional

Entroido 2010

Posted by Fernando on Sunday, February 14. 2010 at 23:56 in fernando



Un ano mais os nenos e as nenas de Infantil e Primaria desfilaron polo patio central celebrando o entroido e mostrando o froito do seu traballo nas diferentes aulas de Plástica

máscaras do entroido

Posted by Patri plástica on Friday, February 12. 2010 at 00:00 in Patri plástica
Nestas festas do entroido os rapaces de 1º da ESO viaxaron por un intre ata Venecia (coa imaxinación, claro, que mellor maneira) e iste foi o resultado...
mascaras carnaval 2010

O TRABALLO DA CLASE OBREIRA

Posted by Fernando on Thursday, February 4. 2010 at 21:52 in Historia
Xa sabes cales eran as condicións de vida e de traballo da nova clase social xurdida da Revolución Industrial; O taylorismo e o fordismo convirtiron aos traballadores nunha especie de autómatas...
Charles Chaplin no lo mostra nunha película xenial: " Tiempos modernos ", na que caricaturiza a unha humanidade degradada no mundo laboral dunha fábrica

Mais información sobre a Revolución Industrial na páxina da Aula de Historia

Circo "Martín Códax"

Posted by charli on Wednesday, February 3. 2010 at 20:51 in Charli
Hoxe os nenos de primaria, e algúns de secundaria, fixeron un maravilloso espectáculo para disfrute de nenos e profesores.

¡¡Benvidos ao mundo do "Circo Martín Códax"!!



Circo Martin Códax

CONCURSOS ENTROIDO 2010 EN VIGO

Posted by orientación (susicris) on Monday, February 1. 2010 at 12:54 in ocio e tempo libre
Se queres participar nos concursos do Entroido do Concello de Vigo ¡apúntate xa!

Inscripción e bases.

CURSOS FORMACIÓN MUSICAL E ARTES ESCÉNICAS 2010

Posted by orientación (susicris) on Monday, February 1. 2010 at 12:50 in ocio e tempo libre
Para os interesados na música, danza e teatro.
Cursos gratuítos, ¡aproveitádeo!

Para máis información pincha aquí

Sustentabilidade Lingüística

Posted by xavi on Tuesday, January 26. 2010 at 19:04 in xavi
No ano 2008, con motivo do Ano Internacional das Linguas, as Universidades de Catalunya redactaron este Decálogo para ser lingüísticamente sostibles. Grazas a Adelia Troncoso do IES Val do Tea de Ponteareas, e a Mónica Muñoz, do CEIP Frian, de Teis, podemos ler esta versión en galego.

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

Visto no blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

A opinión das escolas católicas

Posted by xavi on Sunday, January 24. 2010 at 02:05 in xavi
Escolas Católicas, que representa 124 centros non demasiado sospeitosos de radicais, reclama un marco legal estábel para o galego. Destaco unha cita textual: «O galego aínda non está normalizado na escola, e en moitos ambientes sociais non está no mesmo plano que o castelán ou o inglés».
Toda a noticia, en La Voz de Galicia.

A opinión das ANPAS

Posted by xavi on Thursday, January 21. 2010 at 00:11 in xavi
Podedes tamén ler a opinión dalgunha federación de ANPAS.
Premer aquí.

A opinión das universidades

Posted by xavi on Thursday, January 21. 2010 at 00:05
Pois iso. Tamén as universidades opinan, aportando o seu punto de vista acerca do decreto. As tres universidades. Xuntas.
Podedes lelo aquí, ou tamén aquí.

A opinión dos xuristas

Posted by xavi on Thursday, January 21. 2010 at 00:02 in xavi
Tamén houbo un colectivo de xuristas que analiza e publica o seu punto de vista acerca da legalidade (ou non) do decreto.
Se queredes velo, premede aquí

A opinión da coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística

Posted by xavi on Wednesday, January 20. 2010 at 23:56 in xavi
A coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Vigo, da que forma parte tamén o equipo do noso centro, emitiu un comunicado onde se opina e topa posición de forma xustificada acerca do xa tan mencionado decreto.
Se queredes, a continuación podedes ler o documento:


A opinión da RAG

Posted by xavi on Tuesday, January 19. 2010 at 21:35 in xavi
Déixovos aquí a ligazón á análise que a Real Academia Galega fixo do borrador de decreto que regula o uso das linguas no ensino.

Paréceme que ben vale a pena botar un ollo ao que aquí se explica, tendo en conta ademais que esta institución non é sospeitosa de radicalismo.

Trátase dunha visión clara e rigurosa que pode axudarnos a ter unha idea máis clara de todo isto que está a facer tanto ruído nos medios, e que nos leva a unha xornada de folga o próximo xoves 21.

Calendar

Back March '10 Forward
Mon Tue Wed Thu Fri Sat Sun
1 3 5 6 7
8 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Entradas recentes

Protexede as touradas, quitádenos a lingua
Tuesday, March 9 2010

o valor de escribir correctamente
Thursday, March 4 2010

Axudas para a aprendizaxe de linguas estranxeiras
Tuesday, March 2 2010

Programa de orientación académica
Tuesday, March 2 2010

En palabras de Rosalía, para Rosa Díez
Friday, February 26 2010

Xenofobia desprezábel
Thursday, February 25 2010

Máis fotos do antroido
Wednesday, February 24 2010

Orgullosos do noso, orgullosos do galego
Tuesday, February 23 2010

entroido 2010, as fotografías da festa
Sunday, February 21 2010

london 2010
Saturday, February 20 2010

Comentarios

gloria montero about Protexede as touradas, quitádenos a lingua
Tue, 09.03.2010 23:03
ESE xavi


Sardanapalo about En palabras de Rosalía, para Rosa Díez
Mon, 08.03.2010 17:16
Noxo! que dimita a moi...


O Guerrilleiro Galego about o valor de escribir correctamente
Mon, 08.03.2010 17:11
Jaja, vale Eloy!


Xavi about Exemplos de sintaxe
Sun, 28.02.2010 22:47
A ver se podo explicarme, porq ue este non é o mellor modo. Ta nto na "proposición 1" como na 3, non te das conta da [...]


Esther about Máis fotos do antroido
Sun, 28.02.2010 21:53
Felicidades Isabel!!! Os nenos estiveron contentíiisimos fac endo as caretas. Gracias por deixarnos ver a túa clas [...]


Zelgadis about Exemplos de sintaxe
Sun, 28.02.2010 17:20
Xavi, agora que xa atopei a en trada, teño unha dúbida cunha frase e é particularmente comp licada. Di así: De estas [...]


Lagharta Pose about En palabras de Rosalía, para Rosa Díez
Fri, 26.02.2010 21:41
Aí aí! Leña!


xOsse dorrío about En palabras de Rosalía, para Rosa Díez
Fri, 26.02.2010 11:21
Nin feito a medida!


Neves about Máis fotos do antroido
Fri, 26.02.2010 11:15
Isa, aproveito este medio para darche a noraboa polo traball o que facedes en plástica, o a no pasado cando meu fill [...]


Susana about Orgullosos do noso, orgullosos do galego
Thu, 25.02.2010 21:55
HOME CLARO! iache poñer este v ideo nun comentario máis arrib a porque non vira que xa o sub iches.


Susana about Xenofobia desprezábel
Thu, 25.02.2010 21:53
Xavi mira este video que aínda que non ten que ver con esta señora...gustoume moito. http:/ /www.youtube.com/watch?v [...]


jorge about london 2010
Sun, 21.02.2010 20:44
gracias Eloy,espero poder face lo eu algun dia..


Alumna de 4º about non todos os anuncios navideños teñen porque ser un horror
Fri, 19.02.2010 19:36
Eloy tienes que subir las foto ss del carnaval porfaas :-)


veronica muñoz curras about Entroido 2010
Tue, 16.02.2010 14:14
gustame moito o video do desfi le dos cativos gustoume moitis imo bikos a todos en xeral


Alumnas de 4º about non todos os anuncios navideños teñen porque ser un horror
Mon, 15.02.2010 15:21
Eloy sube las fotos de carnava l


Blog Administration

Quicksearch

Powered by

Serendipity PHP Weblog

Creative Commons

Creative Commons License - Some Rights Reserved
Original content in this work is licensed under a Creative Commons License