Legal

Esta web e a intranet correspondente son propiedade do Centro de Estudios Martín Códax S.A., que ten enderezo en Avenida do Aeroporto, 734, 36318 Vigo (Galicia), e NIF A36607695. O correo electrónico do Colexio Martín Códax é info@colexiomartincodax.com.

O Colexio Martín Códax recolle os datos persoais dos usuarios e usuarias rexistradas na web, que forman a súa comunidade educativa: profesores e profesoras, rapaces e rapazas, nais e pais. Estes datos non se lle cederán nunca a terceiros, e só se empregarán dentro dos fins educativos do Colexio Martín Códax e para proporcionarlles beneficios aos membros da comunidade do colexio.

Os usuarios e usuarias teñen dereito a modificar ou suprimir os seus datos de carácter persoal. Para facelo poderán optar ou polo procedemento directo a través da web, ou ben por medio do envío dun correo electrónico debidamente identificado a info@colexiomartincodax.com. Para máis información, podes consultar a lei española de Protección de datos.

Todas as imaxes publicadas nesta web na que se mostran membros da comunidade educativa, teñen a autorización por escrito das persoas que aparecen nelas e a dos seus titores legais, se fosen menores de idade.

Se o que estás buscando é información sobre o uso dos contidos desta web, hai unha seccionciña específica para falar de licenzas.

A navalla suíza

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.